www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Abril de 2020

O Centro Recreativo incorpora un adestrador persoal e ofrece clases personalizadas
Sociedade • 24/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Ás xa tradicionais actividades que o Centro Recreativo e cultural de Redondela ofrece

a socios e non socios, vense de sumar unha nova oferta: a posibilidade de contar cun adestrador persoal. Unha figura que facilitará que calquera independentemente da súa idade, peso ou características persoais poida facer deporte guiado por un profesional e acadar os obxectivos marcados.


A iniciativa de poñer en marcha esta nova oferta xurde da nova directiva, presidida por Daniel Virulegio, que está a apostar decididamente polo deporte en todas as súas modalidades. Recentemente incorporábase a este Centro recreativo o xamaicano Nigel Webb encargado de impartir clases de tenis de mesa e xadrez. Pero tamén ,dende hai dous meses, os usuarios desta sociedade teñen a posibilidade de contar cun adestrador persoas encargado de impartir clases personalizadas que se adaptan ás características particulares de cada un dos socios.


A día de hoxe son xa 55 as persoas que demandaron este servizo, pero confía en que no inicio do ano sexan moitos máis os que se animen a probar estas clases que se desenvolven ademais nun espazo reformado e acondicionado para que a actividade sexa máis cómoda.


Os interesados poden chamar ao teléfono 986 400256 ou achegarse a sede do centro en horario de tarde.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: