www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

Cine, títeres, música e actividades infantís nunha intensa semana cultural para pechar o ano
Cultura • 24/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela ten en marcha unha serie de actividades culturais que van máis aló dos obradoiros orientados ao público infantil. Así, ademais destes talleres aos que poden acceder os cativos ata o vindeiro día 2 de xaneiro en horario de 17:30 a 19:30 nos Multiúsos de Redondela e Chapela, haberá cine coa proxección de "Tinta lumes",  títeres con Tanxarina, música con "Circus", maxia con Dani García e un "Nadal sen neve" cos Bolechas, entre outras actividades.


Xoves 26: Remata o ciclo Novo Cinema Galego coa proxección de "Trinta lumes", dirixida pola veciña de Cesantes Diana Toucedo. Será no Multiúsos ás 20:30 horas e ao finalizar a proxección haberá unha charla coloquio coa directora. A entrada custa 2 euros.


 


Venres 27: Teatro Infantil co grupo Tanxarina e o seu espectáculo de "Titiricircus", a cita será no Auditorio da Xunqueira ás 18:30h. A entrada é de balde.


 


Sábado 28: O Multiúsos da Xunqueira acolle ás 20:00horas o concerto espectáculo CIRCUS cos músicos Noli Torres, na batería, Alberto Vilas ao piano e José Manuel Díaz no contrabaixo.


A entrada custa 3€.


 


Batalla de Galos no Campito de Chapela. Ademais das improvisacións con base de rap e hip hop haberá grafiteiros e djs para animar a tarde, nunha xonrada que arrancará ás 16:30horas o sábado 28.


 


O mesmo sábado o Pavillón Municipal de Chapela en horario de 17:00h a 20:00h, convoca á rapazada a participar en diferentes actividades infantís.


 


Domingo 29:  O Pavillón Municipal de Redondela, no horario de 17:00h a 20:00h, inchables, karaokes e máis actividades para toda a rapazada.


 


Tamén este domingo 29, o Auditorio da Xunqueira acolle ás 18:00h un espectáculo chamado "Volta á Maxia" co Mago Dani Garcia e entrada de balde.


 


Luns 30: Os Bolechas presentan o seu espectáculo "Nadla sen neve" ás 18:30h. A entrada é de balde


 


E lembramos tamén que durante este período de vacacións, os nenos e nenas teñen a oportunidade de gozar de actividades variadas nos obradoiros de manualidades, cociña, visitas de Papá Noel, teatro, contacontos, xogos e moitas máis sorpresas. Os talleres desenvólvense dende este luns día 23 ao 30 de decembro así como o 2 e 3 de xaneiro en horario de 17:30 a 19:30h. A maiores e como actividades especiais o 24 de decembro celébrase un especial Nadal de 11:00 a 13:00 horas e unha xornada especial de fin de ano no mesmo horario o día 31 de decembro tanto en Redondela como en Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: