www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 2 de Xullo de 2020

O Concello lembra a prohibición de acceder ao paseo do Maceiras e pide "prudencia" aos veciños
Sucesos • 23/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Medio Ambiente pechaba este paseo aos peóns logo das chuvias torrenciais acaecidas o pasado mércores 18. A situación empeoraba esta fin de semana con tramos en moi mal estado, buracos, árbores que ameazan con caer e o firme nun estado que desaconsella o seu uso. Con todo, hai veciños que fan caso omiso da prohibición e seguen a percorrer o paseo, polo que dende o Concello fan un chamamento á prudencia e á responsabilidade de cara a evitar riscos innecesarios.


Dende a Concellería insisten en que durante as vindeiras xornadas o paseo estará fóra de uso para garantir a integridade dos veciños xa que a senda atópase intransitable. A totalidade do camiño seguirá pechado ata que se poidan acometer as obras de acondicionamento máis urxentes "que non serán antes do inicio de ano" segundo explicaba o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.


Unha senda moi empregada polos cidadáns que a pesar das chuvias seguen achegándose á beira do río malia as advertencias de perigo ubicados nos seus accesos logo de que a crecida do río afectara notablemente ao firme. Unha senda que se atopa a día de hoxe moi deteriorada, con buracos de importantes dimensións, tramos que amezan con se derrubar e árbores parcialmente caídos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: