www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Abril de 2020

Redondela rexeita os aterramentos promovidos pola Autoridade Portuaria
Política • 23/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A totalidade dos grupos presentes na corporación municipal amosaron o seu desacordo cos plans do ente que preside López Veiga para o litoral da ría de Vigo. Así o manifestaron no debate dunha moción presentada conxuntamente por BNG e AER pero que partía do texto proposto pola Plataforma en Defensa da Ría de Vigo-Cíes. O obxectivo, que o porto desista da súa intención de acometer recheos nas zonas de Bouzas, O Areal ou Rande. Unhas actuacións que, ao entender de todos os grupos, suporían unha nova agresión á ría "que virían agravar o seu xa precario equilibrio medioambiental".


Dende o BNG sinalaban que "as pretensións da Autoridade Portuaria consisten en aterramentos de 65.000m2 na zona de Bouzas e outros 50.000m2 na zona do Areal. Unhas actuacións que virían a agravar o xa difícil equilibrio medioambiental da Ría de Vigo "modificando aínda máis as correntes, alterando o ciclo vital de moitas especies, incidindo negativamente en sectores económicos como o marisqueiro". O edil Xoán Carlos González cualificábao presidente da Autoridade Portuaria de "auténtico depredador medioambiental".


Denuncian que "existe un perigo real de que o presidente da Autoridade Portuaria autorice tamén futuros aterros no Estreito de Rande, co que o futuro da Enseada de San Simón volve a estar en entredito por un único interese económico". Recordan que unha alta porcentaxe dos aterros existentes, están ocupados por industrias que pouco ou nada teñen que ver coa produción pesqueira. Por ese motivo, recóllese entre as propostas que estas empresas se reubiquen na PLISAN.


Uns aterramento que afectarían directamente ao medio ambiente pero tamén aos veciños de Redondela pro ser fondo de ría "o que fai que sexamos os máis afectado en caso de realizarse estes proxectos". Así o explicaba dende o PSOE, Leonardo Cabaleiro.


Goberno local (PSOE-AER) e máis o BNG criticaban tamén que nos últimos anos o representante no Consello da Autoridade Portuaria, Javier Bas, non se amosara claramente en contra deste proxectos. Reaccionaba a voceira do PP Carmen Amoedo, quen defendía que o ex alcalde sempre mantivo unha "oposición total e contundente a calquera desenvolvemento nas inmediacións de Duchess que non fora favorable aos intereses dos veciños".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: