www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Abril de 2020

Un veciño de Reboreda négase a realizar a proba da alcoholemia tras provocar dous accidentes
Sucesos • 20/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

En tan só cuestións de metros o turismo que conducía este veciño de Reboreda provocaba dous accidentes na estrada que comunica Redondela con Pazos de Borbén, afortunadamente sen feridos. O condutor negouse a facer o test de alcoholemia. Contra el instrúense dilixencia por un presunto delito contra a seguridade vial.


O primeiro dos sinistros tiña lugar ao redor das oito da tarde á altura do supermercado Familia en Reboreda cando este turismo colidía contra outro vehículos na rotonda que existe nas inmediacións do supermercado. Na vez de deterse, o causante do accidente continuou pola estrada de Pazos ata que, metros despois, volvía ter outro percance, neste caso colidindo contra un vehículo estacionado na beiravía.


Unha vez no lugar a policía requiriu ao condutor que se sometese ao pertinente test de alcoholemia, negándose a facerse a proba, polo que se instruíron dilixencias no xulgado por un presunto delito contra a seguridade vial.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: