www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 3 de Abril de 2020

O rexistro municipal renova a súa cara
Institucional • 20/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños que se acheguen ao rexistro municipal nos baixos da Casa do Concello contan xa cunhas novas instalacións máis cómodas e sen barreiras arquitectónicas. Unha obra nas dependencias municipais financiada con fondos do Plan Concello da Deputación e que incluíu tamén a renovación de aseos para facelos accesibles. Na xornada de onte o deputado provincial Carlos Font e a alcaldesa Digna Rivas, visitaban algunhas das obras realizadas con cargo a este investimento por valor de preto de 120.000 euros.


O deputado provincial, Carlos López Font, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitaron seis actuacións acometidas en Redondela por un valor de preto de 118.500 euros financiadas ao abeiro de aforros derivados das adxudicacións do Plan Concellos 2017. Así, levouse a cabo a mellora de camiños municipais en Cedeira, Chapela e O Viso; a ampliación do Rexistro e mellora de aseos na Casa do Concello; o subministro de pizarras dixitais para o conservatorio; subministro de ordenadores; mobiliario urbano para espazos céntricos con novos bancos ubicados na alameda, nos soportais do concello e na rúa Ribeira; e o subministro de equipos de protección para os profesionais que retiran os niños de avespa velutina.


En canto á obra no rexistro municipal inclúese unha sala de espera para as persoas pendentes de realizar algunha xestión, a eliminación do mostrador creándose un espazo aberto coa eliminación das barreiras arquitectónicas. Tamén no interior do concello reformáronse os aseos situados no primeiro andar para facelos accesibles a persoas con discapacidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: