www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Agosto de 2020

Medio Ambiente pecha temporalmente e ata novo aviso o Paseo do Maceiras
Institucional • 19/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Medio ambiente despois das chuvias torrenciais acaecidas este mércores 18 e previndo que as fortes precipitacións continúen os próximos días, decidiu pechar o paseo que transcorre á beira do río Maceiras para evitar posibles incidencias. Xa onte pechaban unha das pontes, na zona da Rabadeira, que da aceso a este paseo polos danos que presentaba a infraestrutura. Hoxe amplían o peche que afecta xa a todo o paseo.


Explica o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, que consultados os técnicos do Concello decidiuse esta mañá pechar o paseo namentres duren as fortes chuvias e a crecida natural do río.


En canto á ponte peonil xa clausurada onte explican que se trata dunha zona historicamente afectada pola crecida do río nas temporadas de outono e inverno. Unha crecida do río Maceiras que estes días é patente, cubrindo pontes e baixando o seu cauce a unha alta velocidade o que "fai que neste momento se poña en perigo a seguridade do paseo peonil nas beiras do río Maceiras".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: