www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Xullo de 2020

Teatro infantil en Chapela con "U-la Lúa?"
Cultura • 19/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A compañía a Xanela do Maxín presenta este domingo 22 no Multiúsos da Piñeiral o seu espectáculo familiar u-la lúa?. Unha proposta de teatro, música e monicreques orientada a nenos e nenas a partir de catro anos que se poderá ver ás 18:00 horas en Chapela con entrada de balde. Organiza a Concellería de Cultura.


U-la Lúa? é dunha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.


Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: