www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 30 de Marzo de 2020

O Concello organiza unha carreira de orientación para todas as idades
Deporte • 18/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A concellería de Deportes e Xuventude convida á cidadanía a participar nesta proba que terá lugar o vindeiro domingo 22 de decembro.Trátase dunha carreira apta para tódolos públicos e condicións físicas. O prazo de inscrición, completamente de balde, remata o xoves 19 e debe formalizarse no enderezo electrónico de toxoaventura.


Esta actividade de Orientación levará aos participantes a desenvolver un percorrido polo casco urbano de Redondela. A inscrición pódese facer de xeito individual ou en grupo (equipos), e existirán 3 categorías diferentes: Toxiños, para os menores de 9 anos que deberán ir acompañados dun adulto; Toxos, categoría con maior dificultade física e técnica orientada a adultos ou nenos e Toxeiras, pensada para persoas con altos coñecementos en orientación.


A proba dará comezo ás 10:30 horas na zona do Multiusos e consistirá en atopar unha serie de puntos (denominadas balizas), espallados polo entorno urbano.


Para lograr este obxectivo os participantes contarán cun mapa creado especificamente para este tipo de carreiras e, aínda que non se trata dunha proba competitiva, o equipo gañador será aquel que faga correctamente o percorrido no menor tempo posible.Os participantes contarán para isto cunha tarxeta electrónica que lle facilitará a organización, para comprobar que o percorrido é válido.


Ao rematar a carreira, a organización disporá dun pequeno avituallamento para todos os participantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: