www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

Papa Noel recibe as cartas dos nenos na caseta da Alameda
Sociedade • 16/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A que fora a caseta de turismo nos últimos anos ven de ser acondicionada para albergar durante os vindeiros días a Papa Noel. Habilitada para parecerse á casa que ten en Rovaniemi, na provincia de Laponia en Finlandia, abría as súas portas na tarde de onte para recibir xa aos primeiros pequenos que quixeron entregarlle as súas cartas en man. A casa estará operativas ata o 24 de decembro en horario de 17:00 a 19:30 horas.


Durante dez días Santa Claus estará dispoñible para todos os nenos e nenas que queiran trasladarlle as súas peticións e entregarlle as súas cartas. O único que hai que facer é achegarse no horario de apertura á caseta de turismo, acondicionada para darlle un maior aspecto navideño. Unha actividade enmarcada dentro da programación de Nadal que organiza o concello para os máis cativos e que inclúe o vindeiro domingo 22 dúas citas de carácter musical. A primeira a cargo de Cé Orquestra Pantasma que arrancará ás 17:00 horas na praza de José Figueroa e, unha hora máis tarde, actuación de Paco Nogueiras, na Alameda de Castelao.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: