www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

Traballadores de urbaser mobilízanse en Redondela "contra a política represiva da empresa"
Sociedade • 16/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Ducias de veciños e traballadores da empresa concesionaria da recollida do lixo saíron este sábado a rúa en Redondela para manifestar o seu desacordo contra a política laboral da empresa e esixir que se reconduza a situación logo de que un compañeiro fora despedido, seis amonestados e se sancionara a outros dous traballadores por unha sanción grave e outra moi grave.


Denuncian dende a Central Unitaria de Traballadores, CUT, que a empresa non está a amortizar as horas extras e que un 10% dos traballadores están en situación de incapacidade temporal por ansiedade "deriva da política de empresa".


Neste sentido responsabilizan tamén da situación a concellos como o de Redondela por non exercer un maior control sobre os servizos públicos privatizados e por ir a un abaratamento  das ofertas co obxecto de coller contratos, algo que dende o sindicato denuncian que "trae a consecuencia directa das malas condicións laborais".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: