www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

Javier Bas carga contra a decisión do novo goberno de renunciar á bandeira azul
Política • 13/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O que fora alcalde de Redondela e actual deputado do PP afirma que a decisión da Consellería de Medio Ambiente de non solicitar a bandeira azul para a praia da Punta "demostra a falta de proxecto do novo goberno e a súa raquítica visión das nosas posibilidades como cuarto municipio da provincia".


O areal de Cesantes quedará sen bandeira azul logo de que o bipartido PSOE-AER decidira non solicitar este distintivo alegando que a día de hoxe se trata tan só dun recoñecemento comercial outorgado por  unha empresa privada que non aporta nada e que, pola contra, xera uns gastos administrativos innecesarios.


Unha decisión que provocou a reacción do PP local, xa que fora precisamente durante o seu mandado hai cinco anos, cando por primeira vez se lograra esta insignia para o areal da Punta. Unha bandeira que luciu nese espazo por cinco anos consecutivos. Dende o PP sempre salientaran a importancia de contar cunha bandeira azul polas sáus repercusións turísticas polo que entenden que renunciar a ela supón un retroceso.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: