www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Peche do paseo do Maceiras e pequenas incidencias polas fortes precipitacións
Sucesos • 13/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

As chuvias non dan tregua e deixábannos na xornada de onte certamente un día de intensas precipitacións que provocaron o anegamento do paseo do maceiras debido a forte crecida da canle do río. Unha situación que obrigou pechar esta senda fluvial ao paso dos peóns. Tamén foron varios os veciños e veciñas que se viron afectados polas incidencias en Peinador, xa que un avión procedente de Madrid e operado por Air Europa viuse obrigado a abortar o seu aterraxe e regresar a Barajas.


A areronave, na que viaxaban varios pasaxeiros de Redondela, debía tomar terra na pista viguesa pouco antes do medio día, pero a baixa visibilidade e a forza do vento obrigou a regresar a Madrid.


As borrascas seguen sendo as protagonistas neste inverno pasado por auga e deixábanos na xornada de onte un dos días máis chuviosos do ano. De feito, Meteogalicia computa este xoves como a xornada con máis precipitacións no centro urbanos de Vigo dende o 2017 polos 50 litro/metro cadrado que se contabilizaron onte. Outra marca excepcional foi en Fornelos, onde se rondaron os cen litros.


No caso de Redondela non hai que lamentar incidencias importantes, agás a decisión de pechar o pasaeo do Maceiras pola crecida da canle do río que facía impracticable a senda fluvial.


De cra aos vindeiros dáis, as previsión subliñan que alo menos ata o día 22 manterase estas situación, cun tres de borrascas procedentes do Atlántico que deixarán chuvia e vento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: