www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

David García: "Se sumamos sete puntos no que queda da primeira volta sería un bo resultado"
Deporte • 12/12/2019
Autor: Ana Prieto

O adestrador do Chapela C.F., que ocupa o 5º posto na Terceira Galega, amósase satisfeito co rendemento do equipo e o compromiso dos xogadores, malia que o equipo estivo lastrado polas biaxas nas últimas xornadas. Confía en recuperar xogadores no final desta primeira volta e escalar posicións na táboa.


Logo de 13 xornadas disputadas, o equipo suma 7 vitorias, 4 empates e 2 derrotas. Manteñen a mesma liña de xogo marcada a comezos de temporada, un fútbol con posesión do balón coa defensa moi adiantada. O estilo marcado por García levounos a ser o equipos menos goleado do grupo, pero varias baixas de xogadores de ataque prexudicounos na faceta anotadora. As ausencias de ata cinco xogadores, varias por lesións, obrigou ao adestrador a completar a última convocatoria con catro futbolistas do xuvenil. García amosouse "moi satisfeito" polo rendemento e compromiso de todos os xogadores, e confía en poder recuperar aos lesionados no final desta primeira volta. Na pasada xornada empataron no campo do Peñasco, nun encontro sen goles.


Chapela-Vigo 2015


Este domingo reciben en Chapela ao Vigo 2015, situado na metade baixa da táboa. Pero García advirte que "non hai que confiarse pola situación clasificatoria do rival". Sinala o técnico que o Peñasco chega a Chapela "sin nada que perder" e toda a presión está no equipo local, obrigado a sumar para acadar o obxectivo do ascenso. O do domingo será o primeiro dos tres partidos que restan para rematar a primeira volta, e o técnico márcase como obxectivo sumar 7 puntos "para acabar ben esta metade do campionato". O ano pasado o equipo quedou ás portas de dar o salto de categoría, ao quedar eliminado na fase de ascenso. O técnico confía en que este ano se consiga o obxectivo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: