www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 5 de Xullo de 2020

Os Reis Magos buscan axudantes en Redondela e Soutomaior
Cultura • 12/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Nenos e nenas de idades comprendidas entre o 5 e os 14 anos poderán acompañar as cabalgatas que o día 5 de xaneiro se celebran nas localidades de Redondela e Soutomaior. Deberán iso si anotarse previamente. En Redondela ofértanse 85 prazas e a inscrición realizarase nos rexistros municipais antes do 22 deste mes. En Soutomaior o prazo remata o día 16 e a inscrición debe realizar na páxina web do concello.


O Concello de Redondela anima a rapazada a disfrazarse e participar da cabalgata de reis que percorrerá as rúas do centro da vila na tarde noite do 5 de xaneiro. Para poder acompañar a comitiva é preciso presentar unha instancia no rexistro do concello na que se inclúa o nome e idade do cativo así como os datos do pai, nai ou titor (nome, teléfono, correo electrónico e enderezo). En total son 85 prazas polo que en caso de haber máis solicitudes realizarase un sorteo.


Tamén en Soutomaior os Reis buscan axudantes. Na localidade veciña as súas Maxestades chegarán á Casa do Concello para recibir a todas as familias ás 12:00 horas do día 5. Xa pola tarde, ás 17 h desfilarán desde a rúa do Calvario ata a Alameda Talo Río en Arcade, acompañados por unha Comitiva Real da que tamén poderán formar parte nenos e nenas de 5 a 11 anos.


Ademais de participar como espectador este ano haberá a posibilidade de formar parte da Comitiva Real pois haberá un tren que tamén acompañará durante o desfile. As prazas serán limitadas e polo tanto, para participar no sorteo de prazas os nenos e nenas interesadas deben anotarse terás que anotarte previamente a través da páxina web do concello, antes do 16 de decembro.


Durante o desfile a Comitiva Real tamén irá acompañada dun espectáculo itinerante a cargo da compañía Troula ambientada do mundo do circo composta por pallasos, música, zancudos, etc.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: