www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

A orquestra de saxos sóbese ao escenario coa eurovisiva Lucía Pérez e outros amigos
Cultura • 11/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres 13 ás 20:00 horas un concerto no que actuará a cantante Lucía Pérez, primeira galega en representar a España no festival de eurovisión no ano 2011, o recantareiro Antonio Barros, así como Alfonso Garabillo, coñecido como o Frank Sinatra de Redondela. Este concerto tan especial contará tamén coa actuación da profesora de canto moderno do Conservatorio, Enma Díaz.


Un concerto de Nadal organizado pola Orquestra de Saxos que se vai desenvolver este mesmo venres e ao que convidan a toda a vila de Redondela. O repertorio estará cargado de temas moi populares e coñecidos como: "Solamente una vez", "Besame mucho","El día que me quieras", "La gata bajo la lluvia","El hombre del piano" ou"Lela"...entre outros.


A entrada é de balde ata completar o aforo debéndose retirar os tickets previamente na entrada do Multiúsos a partir das catro da tarde do propio venres.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: