www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Unha empresa enfróntase a unha multa de 1500 € se non retira os seus carteis publicitarios
Política • 11/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Redondela ameaza con sancionar esta empresa se non retira os carteis nos que anuncia unha feira outlet no recinto feiral de Vigo, ao non contar con autorización para colocar este tipo de anuncios en espazos públicos. O Concello considera os feitos como "infracción grave" que podería carrexar unha sanción de ata 1.500 euros


A Alcaldía de Redondela vén de ditar unha resolución polar que se inicia un expediente sancionador contra unha empresa "pola instalación sistemática de carteis publicitarios sen autorización en diferentes espazos públicos". Os feitos, segundo consta na Resolución, constitúen "unha infracción grave segundo a Lei do Patrimonio das Administracións Públicas (LPAP)" o que pode carrexar unha multa de hasta 1.500 euros.


Asi mesmo, o Concello vén de requirir á empresa "á retirada no prazo improrrogable de tres días naturais de todos os carteis instalados". No caso de que a empresa non cumprira con este requirimento, ditos carteis serían retirados polos correspondentes servizos municipais "cobrándoselle á empresa o custo desta actuación e os posibles danos causados".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: