www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Xullo de 2020

O S.D. Pazos golea ao Sport Sala Culleredo
Deporte • 9/12/2019
Autor: Ana Prieto

Os de Fran Amoedo superaron en Pazos ao conxunto coruñés por 6-0. Malia o abultado do resultado o encontro foi moi disputado, pero púxoselle de cara ao equipo local. Na Preferente gañou o Campito ante a Quinta de Tui. En fútbol a única vitoria local foi a do Nespereira, en Terceira Galicia. Tamén sumou un empate o Chapela.


Fútbol Sala


Terceira División



Pazos de Borbén F.S 6-0 Sport Sala Culleredo


O equipo de Fran Amoedo foi quen de superar a todo un Sport Sala Culleredo nun partido moi pelexado, malia o abultado do resultado. Todo se lle puxo de cara aos de Fran Amoedo, con protagonismo do gardameta, que botou por terra todas as ocasións dos coruñeses, e o acerto de cara ao gol con catro tantos de Luis e 2 de Jony. O sábado xogarán ante o Estrada Futsal, no pavillón municipal Coto Ferreiro, ás 19.00 horas.


Preferente Sur



Teis-Redondela Maramar, aprazado


O conxunto redondelán está no 4º posto, malia que con dúas xornadas menos disputadas. O domingo recibe ao Balona Linense, situado na parte baixa da táboa.


Campito 4-2 Quinta de Tui


O Campito mantense no 11º posto da táboa logo de impoñerse ao Quinta de Tui, e afástase cada vez máis dos postos de perigo na táboa. Na próxima xornada visitan a pista do Valadares Global Mar, un rival complicado da parte alta da clasificación.


Primeira Galicia



Arealonga Const.Castro, xornada de descanso (Regresan á competición o día 14 no pavillón do Rosal ante o AEVM O Pirata, segundo clasificado, pero a 7 puntos de distancia).


Fútbol Terceira División



Choco, xornada de descanso


A liga de Terceira División tomouse un respiro esta fin de semana, mentres se disputaba a primeira fase da Copa das Rexións da UEFA, na que Galicia conseguiu clasificarse para a seguinte rolda.Bastáballe mesmo unha derrota pola mínima ante Ceuta para conseguir o primeiro posto do grupo que completaba Castela-A Mancha, pero os de Iván Cancela non especularon o máis mínimo para golear aos da Cidade Autónoma (4-0). Despois desta primeira fase disputada no Salnés, Galicia gañouse o pasaporte para medirse na fase intermedia a Euskadi a partido único, cita que terá lugar o 21 de febreiro na Cidade do Fútbol de Las Rozas. Dous xogadores do Choco estiveron nesta convocatoria, o porteiro David Cortegoso e Diego Rodríguez, "Vitra".


O Choco regresa á competición de Terciera División o próximo domingo, cando reciba en Santa Mariña ao Alondras. O equipo do Morrazo está un posto por baixo dos redondeláns, na 7ª praza, a 5 puntos de distancia.


Primeira Galega



Arcade 1-5 Moraña


O Moraña superou ao Arcade, que non atopou o seu mellor xogo no Salgueirón, e os seus seguidores na táboa recortan distancias. O domingo visita o campo do Zacande, afundido na parte baixa da táboa.


Segunda Galega



Cesantes 0-2 San Adrián


O Cesantes segue como pechacancelas logo de perder ante o San Adrián. Na próxima xornada visita o campo do Deiro, equipo situado tamén na parte baixa da táboa, con dous puntos máis no casilleiro.


Atl Vilar 3-4 Salvaterra


O Salvaterra levou os tres puntos de San Martiño e aumenta a distancia co Vilar, que se mantén no 13º posto, pero a máis distancia dos postos medios da táboa. Na próxima xornada visita o campo do Tomiño, un dos fortes do grupo, no 4º posto.


Terceira Galicia



Peñasco 0-0 Chapela


Os de Redondela seguen na pelexa, no 5º posto, logo do reparto de puntos no campo do Peñasco, nun partido sen goles. O domingo recibirán en Chapela ao Vigo 2015, situado na metade baixa da táboa.


Vincios 4-5 Nespereira


O Nespereira, encadea dúas vitorias consecutivas, as dúas únicas desta temporada, logo de impoñerse no campo do Vincios nun partido moi intenso e con moitos goles. O partido chegaba ao descanso co 3-1 a favor dos locais, pero despois do paso por vestiarios a situación mudou e o Nespereira conseguiu empatar o encontro en tan só 5 minutos. Pouco despois o Nespereira poñíase por diante co 3-4, empataron os locais a 4 goles pero, a dez minutos do final do encontro, Francisco Iglesias anotou o seu terceiro tanto, que poñía o 4-5 no marcador que sería xa definitivo. O equipo de Pazos de Borbén segue como pechacancelas, pero agora a tan só 1 punto do penúltimo, o Independiente. Na próxima xornada reciben ao Apóstol, 11º na táboa.


Balonmán


División de Honra Prata Feminina



San José 35-31 SAR Rodavigo


As de"Chini" deron a cara na pista do líder, xogando a un gran nivel, pero finalmente as Canarias fixéronse co partido. No 10º posto da táboa, a próxima xornada reciben en Redondela ao Carballal, que é 7º.


Primeira Nacional



Rodosa Chapela 33-18 Tejina


Os de Chapela superaron amplamante aos canarios nun partido que dominaron de prinicipio a fina. Unha xornada máis disputada, os de Teixeira están no 3º posto da liga, a tan só 1 punto do 1º e o 2º, que son o Lalín e o Lanzarote, respectivamente. Na próxima xornada teñen descanso.


Primeira Autonómica



SAR, tiveron xornada de descanso. Esta fin de semana, e como 2º do grupo, xoga fóra. Será en Vigo, na pista do Seis do Nadal, cos anfitrións na metade da táboa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: