www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 29 de Xaneiro de 2020

Cinco feridos nun accidente múltiple en Redondela con tres coches implicados
Sucesos • 9/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O sinistro tivo lugar ás 16:00 horas deste domingo na N-550 en Quintela, á altura do tanatorio de Tanamañó. A colisión múltiple, con tres vehículos implicados, un Volvo, un BMW e un Opel, deixaba cinco feridos leves. Debido ao impacto causado, unha mancha de combustible procedente dos vehículos quedou derramada pola estrada sendo necesaria a intervención dos servizos de limpeza.


Unha colisión entre tres vehículos deixaba na tarde deste domingo cinco persoas feridas en Redondela, todas elas de carácter leve. Todo sucedeu sobre as 16:00 horas. Un particular informaba ao 112 Galicia do choque entre dous turismos na N-550, en Quintela, concretamente, na curva pasando o tanatorio. Todos apunta a que un dos vehículos ao chocar co outro, derrapaba levándose por diante a un terceiro vehículo.


Até o lugar desprazáronse o 112 Galicia, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e os efectivos de Protección Civil da localidade e os axentes tanto de Tráfico como da Policía Local, encargados de regular a circulación ata que os vehículos non fron retirados da estrada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: