www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

Aparatoso accidente en Quintela cun ferido leve
Sucesos • 4/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O sinistro producíase ás cinco da madrugada de hoxe cando un vehículo procedente do camiño das Cabritas, que une a parroquia de Quintela con Nespereira, colidía contra unha furgoneta  que nese momentos estaba circulando en sentido ascendente. Por mor do golpe, o seu condutor perdeu o control caendo dende un muro de aproximadamente tres metros de altura a unha propiedade privada.


Malia o aparatoso do accidente non hai que lamentar feridos graves, tan só o condutor da furgoneta sufriu algunhas contusión de carácter leve que non lle impediu saír polo seu propio pe do vehículo sinistrado. Producíronse iso sí danos materiais nos vehículos implicados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: