www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Decembro de 2019

Búscanse menores de 30 anos para o programa integrado de emprego do concello de Redondela
Institucional • 3/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O programa Integrado de Emprego, cofinanciado pola Xunta (80%) e o Concello (20%) está dirixido a 100 persoas desempregadas, tendo preferencias aqueles que se atopen en situacións especialmente vulnerables  e márcase como obxectivo unha inserción do 43%. Dende o Centro de Formación Municipal buscan completar o perfil do alumnado e fan un chamamento a que se inscriban menores de 30 anos que desexen mellorar a súa empregabilidade. As persoas interesadas poden achegarse ás oficinas no Paseo do Pexegueiro (ao carón da piscina) ou chamar ao teléfono 986 402 664.


O programa conta cun investimentos de 257.000 euros, cofinanciados pola xunta (80%) e o concello (20%) e ten como obxectivo que catro de cada dez participantes acaden un emprego.


Dentro do proxecto desenvolveranse accións de formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e motivación para a procura do emprego, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora así como formación para o emprego, impartíndose por exemplo o certificado de actividades auxiliares de almacén.


Os usuarios accederán tamén a prácticas profesionais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das acciones formativas.


Todas as accións que se fagan no programa non suporán custe algún para as persoas desempregadas e os participantes percibirán unha bolsa por día de asistencia de 5 euros.


Malia estar dirixido a calquera persoas desempregada, cubertas xa boa parte das prazas precísanse agora para cubrir o perfil do alumando menores de 30 anos , tanto de baixa cualificación ( sen estudos, con ESO e con bacharelato, PCPI, FP BÁSICA) como cualificados (xa con algún tipo de cualificación: ciclo de formación profesional, grado, carreira, etc)


Para máis información os interesados poden acudir ao Centro de Formación Municipal A Marisma, en el Paseo del Pexegueiro e no teléfono 986 402 664. Tamén poden solicitar a súa participación nas oficinas de emprego solicitando na súa demanda o servizo 930 de "Programas experimentais."


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: