www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Decembro de 2019

Obradoiro de postais de Nadal en Chapela
Cultura • 3/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A biblioteca de Chapela ten aberto o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de postais creativas de Nadal orientado a nenos e nenas de 4 a 10 anos de idades. A actividade desenvolverase o venres 13 ás 18:30 horas e estará impartida por Macarena González. As persoas que estea interesadas en participar deben inscribirse canto antes na propia biblioteca no Multiúsos do Piñeiral do Crego ou chamando ao teléfono 986 45 42 26.


Durante hora e media os participantes achegaranse a diferentes texturas, coñeceran materiais variados e elaborarán a súa postal de Nadal orientados pola monitora do curso e experta en Belas Artes, Macarena González.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: