www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Decembro de 2019

Cándido Pazó abre o ciclo "Humor na súa Tinta" polo que pasarán Miguel Lago e El Sevilla
Cultura • 27/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

III edición do ciclo de monólogos que organiza a produtora Pares-nones en colaboración coa Concellería de Cultura e que nos deixa cinco espectáculos de cara as vindeiras semanas. A primeira das propostas chegará este domingo día 1 ás 20:00 horas con Cándido Pazó, con entradas xa a venda no Multiúsos a un prezo de 3 euros. En vindeiras datas actuarán Miguel Lago (19 xaneiro), El Sevilla (16 febreiro), os colaboradores de La resistencia Grison Beatbox e Jaime Caravaca (21 marzo) e Elsa Ruíz (25 abril).


O humor regresa ao Multiúsos da Xunqueira e faino da man de diferentes monologuistas que se subirán ao escenario dentro do ciclo Humor na súa tinta. O cómico, actor, director de teatro e contador de historias Candido Pazó será o encargado de abrir este programa cunha actuación o domingo cuxas entradas pódense adquirir xa no Multiúsos.


En vindeiros meses pasarán por ese escenario cómicos tan populares como o tamén vigués Miguel Lago (domingo 19 de xaneiros ás 20:00 horas), quen se dera a coñecer polas súas intervencións en El Club de la Comedia. Neste caso a entrada ten un custe de 12 euros en venda anticipada, 14 na billeteira.


Mesmo prezo para o resto das funcións que contarán coa actuación do popular artista coñecido como El Sevilla, líder do grupo Mojinos Escozios quen se subirá ao escenario o 16 de febreiros.


Xa en marzo chegarán a Redondela, Grison Beatbox e Jaime Caravaca, colaboradores do programa de televisión la Resistencia.


Pecha o cartel Elsa Ruiz cunha actuacións programada para o 25 abril.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: