www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Decembro de 2019

O actor Amador Arias asiste á proxección da aclamada "O que arde" no Multiúsos da Xunqueira
Cultura • 27/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O protagonista da película de Oliver Laxe asistirá á proxección organizada dende o Servizo de Normalización Lingüística da cinta "O que arde" que se poderá ver este venres ás 20:30 horas no auditorio da Xunqueira. A entrada pódese mercar no propio multiúsos a un prezo de 2 euros. Unha proposta enmarcada no ciclo Novo Cine Galego que inclúe tamén o visionado de "Arraianos" de Eloy Enciso, "Mamasunción" de Chano Piñeiro e "Trinta Lumes" da redondelá Diana Toucedo.


Con esta actividade preténdese difundir as novas xeracións dedicadas ao cine galego, que teñan como protagonista a lingua galega, e que consegue numerosos e continuados recoñecementos internacionais.


A primeira película será "O que arde", de Óliver Laxe. Esta obra está a recibir, dende o seu estreo, numerosos premios en distintas categorías (director, actor, fotografía, banda sonora...) en sinalados certames internacionais como Cannes, Toronto, Mar de Plata... Unha peza de arte dedicada á reflexión da Galicia rural tendo como fondo a problemática dos incendios forestais.


Dende o SNL consideran que, ao non haber salas de cine en Redondela, é unha responsabilidade da Administración local ofertar este tipo de actividades a un prezo popular e acercar así produtos culturais de alta calidade.


A proxección será o venres 29 de novembro ás 20:30 no Auditorio da Xunqueira. A entrada bono será 2 € ata completar capacidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: