www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Xullo de 2020

O Multiúsos de Chapela convértese nun poboado de Nadal
Sociedade • 27/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación cultural de Chapela convida aos veciños a inauguración deste decorado, fabricado con preto de 3.000 pezas, e que terá lugar este xoves ás 19:00 horas. Un acto que contará cun concerto a cargo de músicos da banda e a Escola de Música e a visita da Coca Simona para animar aos máis cativos.


O decorado recrea e trasladará aos visitantes á vida dun pobo en plenas datas do Nadal. Para lograr este ilusión, as aulas do centro Multiusos convértense nas casas do pobo, coas súas portas decoradas con motivos do Nadal e as súas xanelas nevadas. Os corredores serán rúas cheas de luz e cor e os recibidores, as prazas deste pequeno pobo, coa súa árbore de nadal no centro da mesma e o Belén.


O decorado abrirá as portas dunha das vivendas do pobo onde se pode contemplar a cheminea onde a calor do seu lume dálle calidez a todo o decorado. E tampouco faltará centos de agasallos pendurados en todo o centro representando unha choiva de ilusións.


Todo o traballo de fabricación do decorado, con preto de 3000 pezas , figuras e motivos do Nadal,  foi realizado baixo a supervisión da monitora de manualidades da Asociación Cultural de Chapela , coa colaboración de usuarios voluntarios do centro e a concellería de Cultura do Concello de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: