www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Decembro de 2019

Xosé Ricardo Losada presenta «A casa xunto ao volcán» gañadora do II Premio Viadutos de Novela
Cultura • 25/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acollía este sábado acto de presentación da novela A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada, gañadora do II Premio Viadutos de Novela convocado polo Concello de Redondela.


Un acto que contou coa presenza do autor así como da alcaldesa, Digna Rivas; o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro e as integrantes do xurado, Dolores Villanueva e Ana. R Figueiredo, gañadora da primeira edición deste certame de novela coa súa obra Os bicos feridos. O público asistente ao acto recibiu un exemplar do libro asinado polo autor, Xosé Ricardo Losada


Nado en Rianxo en 1961, é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo. En 2005 publicou o libro de relatos O xene da chuvia. Tamén é autor de Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero (2008) e de Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica (2013), libro sobre a obra completa do crego poeta.


A súa primeira novela, Bótame deste mar fóra, saíu á luz en 2017. Con A casa xunto ao volcán gañou o Premio Viadutos de Novela 2019.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: