www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Decembro de 2019

V Exhibición solidaria "bailemos todos polos peques" a favor de Unicef
Sociedade • 20/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 23 ás 17:00 horas unha nova edición do eventos Bailemos todos polos peques organizada pola asociación Piyopi co obxecto de recadar fondos para apoiar programas de auga, hixiene e saneamentos de Unicef.


Subiranse ao escenario nenos e nenas representantes de doce escolar de danza nun espectáculo que conta coa colaboración do Concello. As entradas, a un prezo de 5 euros, estarán a venda previamente nas academias participantes e o mesmo día do evento na billeteiras. Cos fondos conseguidos nesta edición, Unicef seguirá mellorando as condicións de auga, hixiene e saneamento nos país onde máis se necesita, mediante a construción de puntos de auga e letrinas separadas por sexos,, a creación dun entorno protector tanto na comunidade como nos centros de saúde e escolar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: