www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Decembro de 2019

Redondela celebra o Día da Memoria Trans
Institucional • 19/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Día da Memoria Trans é unha conmemoración anual que ten lugar o 20 de novembro dedicada ás persoas trans e á sensibilización en contra da discriminación caras as persoas trans en todo o mundo. Unha celebración que se promove tamén dende a Concellería de Muller e Igualdade coa realización de diferentes actividades divulgativas que terán lugar este mércores nos catro institutos do Concello.


En colaboración coas asociacións Irisar, Nós mesmas, Pulse e Euforia, na xornada de mañá terán lugar simultaneamente nas aulas dos catro institutos, tanto de Redondela como de Chapela, unhas charlas nas que se explicará ao alumnado a realidade da transexualidade así como as problemáticas concretas as que se enfrontan este colectivos.


En cada centro tamén se instalará de xeito permanente un banco decorado polo propio alumnados coas cores dos colectivos trans e que busca dar visibilidade a esta realidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: