www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

Tanxarina achega ao Multiúsos a súa adaptación de "A galiña azul" de Carlos Casares
Cultura • 15/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Cándido Pazó foi o encargado de adaptar e dirixir esta obra de Tanxarina Títeres que se poderá ver este domingo no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas enmarcado dentro do ciclo de teatro infantil que organiza a concellería de cultura. A galiña azul adapta o conto de Carlos Casares para actores e bonecos. Miguel Borines, Andrés Giráldez e Eduardo Tatán levan ás táboas unha montaxe que conta con escenografía e monicreques de Pablo Giráldez Pastor e música de Paco Barreiro.


Unha fábula sobre a diversidade e a solidariedade orientada ao público infantil e familiar e que supón a adaptación para o teatro de monicreques do texto clásico que Carlos Casares escribirá no 1968 e que se poderá ver o domingo a partir das seis no auditorio do Multiúsos.


A galiña azul que propón Tanxarina combina traballo actoral con monicreques, unha combinación marca da casa da compañía redondelá, unha das máis veteranas de Galicia. En escena combínanse técnicas de manipulación de bonecos e a presenza sobre as táboas dos actores Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Rio e Eduardo Tatán.


As entradas están xa a venda no Multiúsos a un prezo de 3 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: