www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Febreiro de 2020

Arcade celebra a III Gala del Deporte do Concello de Soutomaior
Deporte • 15/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos de Arcade acolle este venres ás 20:30 horas a terceira edición dunha gala que  busca homenaxear e recoñecer a labor de deportistas a nivel particular así como de clubs e entidades a favor do deporte local. O acto será presentado por Terío Carrera e o humorista Víctor Grande.


A gala divídese en tres apartados que recoñecen a labor de deportistas destacados nominados polos seus respectivos clubs, tamén se premiará o labor de traballo dos  Ex presidentes do C.D.Arcade e C.D.Soutomaior así como do presidente do Club Naútico Arcade polos seus 30 anos ao fronte desta entidade e un recoñecemento aos equipos que destacaron polos seu resultados na pasada temporada.


Especialmente emotivo é o apartado no que se recoñece a traxectoria de diferentes deportistas considerados xa "lendas do deporte" en Soutomaior.


 Presidirá o acto o alcalde, Agustín Reguera, o xefe de servizo de deportes de Pontevedra, Daniel Benavides e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: