www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

O BNG reclama á Xunta revise a autorización para a apertura da casa de apostas de Redondela
Política • 14/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O parlamentario do BNG esixiu ao titular de Vicepresidencia, Alfonso Rueda unha revisión da autorización para impedir que se instale esa casa de apostas en Redondela. Pola súa parte, o conselleiro respondeu que a Xunta permanece pendente da licenza do concello, nestes momentos en proceso de presentación de alegación, e afirmou que a Xunta cumprirá o que marca a lei.


O parlamentario nacionalista, nunha intervención na que interpelaba ao goberno galego sobre a futura instalacións da casa de apostas na rúa Ernestina Otero, lembrou que o retraso da modificación da lei do xogo en Galiza é o caldo de cultivo para a proliferación das casas de apostas , salas de xogos e máquinas comecartos e criticou que o goberno galego reaccionara "tarde e mal" coa moratoria na apertura de novas salas.


Bará preguntou ao conselleiro da Presidencia e Administracións públicas, Alfonso Rueda si o goberno está a favor da apertura da casa de apostas. Pola súa parte, o conselleiro respondeu que a Xunta permanece pendente da licenza do concello e afirmou que Xunta cumprirá o que marca a lei.


O deputado asegurou que existe en Redondela unha grande preocupación pola apertura desta casa de apostas e que moitas persoas responderon con mobilizacións en contra, mesmo recollendo sinaturas, alegacións e denunciando "a falta de transparencia da tramitación da autorización". Bará afirmou que o local "incumpre a normativa de distancia con respecto aos centros escolares" xa que a normativa obriga a non instalar salóns a menos de cento cincuenta metros dos accesos de entrada ou saída de centros oficiais que imparten ensino regrado a menores de idade polo que preguntou ao vicepresidente se consideraba que a escola de música e o conservatorio de Redondela é un centro escolar, educativo ao que asisten menores de idade. Ese centro, recalcou Bará, está a menos de cento cincuenta metros da futura casa de apostas, recalcou.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: