www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Decembro de 2019

Dous coches calcinados nun incendio dun garaxe en Chapela
Sucesos • 13/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O suceso produciuse de madrugada e saldouse sen danos persoais, malia que o lume arrasou por completo o garaxe desta vivenda situada no Camiño Ponteseca na parroquia de Chapela. O sinistro producíase en torno ás 2:35 horas da madrugada deste mércores e foi necesaria a intervención dos bombeiros de Vigo, O Porriño, Protección Civil e Policía Local.


Unha chamada dun particular alertaba ao 112 da presenza do lume neste garaxe anexo a unha vivenda particular no Camiño Ponteseca, ao final da Avenida de Vigo. Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias para tentar controlar o incendio que deixaba importantes danos materiais, como o incendio de dous coches e ferramentas que os propietarios tiñan lugar. Por efecto do lume. O teito acabou derrubándose aínda que non hai que lamentar danos persoais.


Na extinción do lume interviron os Bombeiros de Vigo e O Porriño, Protección Civil de Redondela e a Policía Local, que lograron dar por sufocado o incendio ás 4:30 horas da madrugada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: