www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019

Sete centros escolares participan das xornadas "Matemaxia" que promove a ciencia en galego
Cultura • 7/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela, a través do departamento de Normalización Lingüísitica, pon en marcha un proxecto que busca desterrar a idea de que o galego non é un idioma axeitado para impartir materias científicas. Trátase das xornadas "Matemaxia" a cargo do Mago Paco e que van percorrer os colexio de Cedeira, Santa Mariña, Quintela, Porto Cabeiro, Laredo, Colexio Vigo e CEIP Igrexa.


Co gallo da celebración do Día da Ciencia en galego, o Servizo de Normalización Lingúística organizou un obradoiro titulado "Matemaxia", a cargo do Mago Paco e dirixido aos cursos de 5º e 6º de primaria. Na xornada inaugural participaron a alcaldesa, Digna Rivas, a concelleira de ensino, Olga Garcia, e o concelleiro de cultura, Daniel Boullosa.


Uns obradoiros que mesturan a pedagoxía coa didáctica, facendo partícipes ao alumnado e compartindo o material co profesorado. A actividade percorrerá até sete centros escolares de Redondela levando consigo unha expresión de ciencia en lingua galega. Desta maneira, quérese demostrar a inexistencia de límites para o galego, sexa cal for a materia educativa, pois todas as linguas están habilitadas para tratar calquera tema. E, por outra parte, dende a Administración local quérese fomentar o uso do galego no eido da ciencia e, en particular nas matemáticas, para desterrar prexuízos lingüísticos e as incomprensibles limitacións impostas polo decreto da Xunta de Galicia sobre esta materia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: