www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019

A tala de seis árbores obriga a pechar provisionalmente o paseo do río Maceiras
Institucional • 6/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente procederá na xornada de hoxe a talar un total de seis árbores, catro delas mortas e outros dúas vivas, polo que se restrinxirá o acceso nalgúns tramos do paseo Maceiras. O obxectivo tanto da tala como do seu peche provisional é garantir a seguridade dos seus usuarios.


Explica o Concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, que as seis árbores que van ser retiradas do paseo corrían o risco de caer enriba do leito do río ou no propio sendeiro, podendo ocasionar tapóns no caudal e incluso por en risco aos viandantes. Unha vez obtidos  todos os permisos oportunos de Augas de Galicia e comprobado tamén polo Axente do Servizo de patrimonio natural a necesidade de retirar as dúas árbores vivas pola súa situación está previsto que hoxe se proceda a tala.


Unha actuacións neste espazo fluvial que se suma a outras anteriores que consistiron no desbroce e retirada de maleza de xeito selectivos, actuando exclusivamente naqueles puntos nos que a actuación era necesaria.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: