www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Curso de manexo de carretillas elevadoras en Pazos de Borbén
Institucional • 31/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Pazos de Borbén convocou un novo curso formativo destinado a maiores de 16 anos. Un ciclo de operador de carretillas elevadoras co que o Concello pretende facilitar aos seus veciños e veciñas a oportunidade de actualizar o seu perfil profesional ademais de potenciar o seu acceso ao emprego. O ciclo ten unha carga lectiva de 24 horas e un custo de 90 euros.


Trátase dun dos ciclos formativos máis demandados na comarca xa que esta acreditación é necesaria para traballar en empresas da construción ou para xestionar todo tipo de almacéns. Ademais dos procedementos básicos para acender ou apagar a carretilla elevadora, o temario a estudar inclúe toda unha serie de medidas de seguridade a observar á hora de apilar convenientemente a carga e circular por instalacións fabrís ao realizar este perigoso e preciso traballo.


As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro do Concello de Pazos de Borbén tendo preferencia os solicitantes que estean empadroados no municipio. O curso levará a cabo, na súa fase teórica, na casa do Pensionista de Amoedo os días 28 e 29 de novembro de 16 a 21 horas. A fase práctica desenvolverase no porto de Marín o día 30 das 09:00 ás 14:00 horas.


Os interesados en recibir máis información ou formalizar a inscrición deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: