www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Conferencia e reparto de composteiros no Multiúsos
Institucional • 22/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente organiza este xoves 24 ás 11:00 horas unha nova charla sobre compostaxe doméstica que se vai desenvolver no Multiúsos da Xunqueira. Os interesados, que deberán inscribirse previamente a través da páxina web do concello, recibirán un composteiro e un aireador manual así como a información necesaria para coñecer o uso destes dispositivos.


A iniciativa enmárcase dentro da plan Revitaliza que se desenvolve en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que busca promover a compostaxe coa elaboración de abono cos restos orgánicos que se producen nas vivendas particulares. Co obxecto de favorecer esta reciclaxe dos residuos urbanos repartiranse de xeito gratuíto composteiros así como un aireador manual e achegarase a información necesaria para que todos os interesados saiban como se usan estes dispositivos.


Os interesados deben estar empadroados no concello de Redondela e deben inscribirse a través da páxina web www.redondela.gal.  Máis información no 986 400300.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: