www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Nova concentración contra a apertura dunha casa de apostas en Redondela
Sociedade • 21/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A mobilización, que se vén repetindo todos os luns ás seis da tarde dende mediados de setembro, terá lugar hoxe ás portas do local que está a ser reformado na rúa Ernestina Otero para albergar un salón de xogos no que se prevé instalar un mini casino, un bar e un despacho de todo tipo de apostas. Os organizadores traballan xa na manifestación que se vai celebrar o vindeiro sábado 26 con saída ás 19:00 horas dende a Praza de Ribadavia.


A Coordinadora veciñal creada logo de coñecerse a intención de instalar este negocio en Redondela anima a veciños e veciñas a participar da concentración que terá lugar na Rúa Ernestina Otero esta tarde. Durante a mañá de hoxe, aproveitando a xornada de feira en Redondela, teñen instalada unha mesa informativa e de recollidas de sinaturas nos soportais do concello.


Unha coordinadora conformada por veciños a título particular así como por Anpas e colectivos sociais que amosan a súa preocupación ante a problemática que leva aparellada este tipo de negocios que, insisten, buscan instalarse en zonas especialmente vulnerables "neste caso ao carón dos centros educativos e as instalacións deportivas da Marisma, moi empregadas pola xuventude, un grupo especialmente fráxil en canto á adicción ao xogo".


Ademais desta concentración que busca "amosar o rexeitamento da veciñanza a esta instalación" está na traballar xa nunha manifestación que se vai celebrar o sábado 26 con saída dende a praza de Ribadavia ás 19:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: