www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Marcial del Adalid soa no Multiúsos da Xunqueira
Cultura • 17/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O I Ciclo de Piano do Concello de Redondela déixanos esta fin de semana dous concertos cuxo repertorio xirará en torno á figura do compositor galego Marcial del Adalid. O venres será un concerto a catro mans con Javier Ares e Jorge Briones, o domingo 20 o escenario estará ocupado polo redondelán Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo. Ambas as dúas citas serán no Multiúsos ás 19:30 horas con entrada de balde.


Unha actividade coordinada dende o servizo de Normalización Lingüística que busca poñer en valor o novo instrumento adquirido polo consistorio así como dar a coñecer a composición pianística galega. E faino cun programa dedicado nesta primeira edición ao compositor Marcial de Adalid e a súa dona, a poeta Fanny garrido.


Un programa que nos deixa esta fin de semana dous concertos no Multiúsos da Xunqueira. O primeiro será o venres coa participación de Javier Ares e Jorge Briones. Interpretarán, a catro mans, un programa centrado en Marcial del Adalid. O acto será presentado por Luís Costa.


O domingo 20, tamén ás 19:30 e con entrada de balde, terá lugar o concerto do redondelán Alejo Amoedo e de Susana de Lorenzo, que interpretarán poemas en lingua galega de Fanny Garrido musicados por Marcial del Adalid. A presentación faraa Laura Touriñán.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: