www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

A Asociación contra o Cáncer anima a "Levantar a man" para visibilizar a loita contra a enfermidade
Sociedade • 17/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación Española contra o cáncer de Redondela organiza este sábado unha concentración baixo o lema "Levanta a túa man, porque todos temos un por que e un por quen". Unha iniciativa coincidindo coa data na que se conmemora o Día Mundial contra esta enfermidade (19 de outubro) que busca concienciar e amosar o apoio da cidadanía a todas as afectadas polo cáncer de mama.


O acto celebrarase este sábado ás 12.30 na Praza do Concello. Instalarase unha mesa na que se porán en venda diferentes produtos e informarase dos diferentes servizos que presta esta asociación en Redondela, cuxa sede se atopa no Multiúsos da Xunqueira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: