www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Contacontos para adultos con Avelino González
Cultura • 15/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O actor Avelino González será o encargado do contacontos que a Biblioteca de Chapela organiza este xoves 17 orientado a un público pouco habitual: o público adulto. Contamos todas é un espectáculo de narración oral no que, con moito humor, se abordará o papel das mulleres nas historias épicas tradicionais, formulando a hipótese de cómo sería as historias de aventuras se os seu protagonistas na vez de homes foran mulleres.


As persoas interesadas en asistir como público a esta actividade, que terá lugar o vindeiros xoves ás 18:30 horas, deben inscribirse previamente na biblioteca de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: