www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

Charla en Soutomaior sobre a sanidade pública
Política • 10/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos de Arcade acolle este venres ás 20:30 horas un acto en defensa da sanidade pública que contará coa presenza do secretario comarcal da CIG Saúde, Manuel Moreira e o portavoz municipal do Bloque, Manu Lourenzo, para explicar as causas e solucións á situación sanitaria do concello dende o punto de vista profesional e político.


Un acto que forma parte da rolda de mobilizacións en defensa da sanidade pública capitaneadas polo BNG co obxecto de denunciar o que cualifican de "colapso absoluto na atención sanitaria do concello". Unha situación que nos últimos meses levou incluso a pechar temporalmente o centro de saúde de Soutomaior ao desprazar a Arcade ao único facultativo que atendía este consultorio.


Un feito que viu a sumarse a unha situación de deterioro xeneralizado na sanidade do municipio "con menos médicos dos que lles corresponden por número de habitantes, cun pediatra que aparece e desaparece, sen persoal sanitario suficiente e cunhas baixas que non se cobren " segundo denuncian dende o Bloque.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: