www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 11 de Novembro de 2019

O Obradoiro de Estudos Locais convoca o seu XIV Concurso Fotográfico con 600€ en premios
Cultura • 9/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O prazo para participar neste concurso fotográfico remata o 5 de novembro. Ata esa data todos os que estean interesados poden remitir as súas imaxes en formato impreso a sede do colectivos no Círculo Cultural de Cesantes e o formato dixital ao enderezo obradoiro@estudoslocais.org. Os premios repartiranse entre as dúas categorías convocadas, un premio xuvenil orientado a menores de 16 anos e a categoría de adultos para maiores desa idade. Tamén hai un premio especial á mellor fotografía dotado con 200 euros.


A Asociación Cultural convoca un ano máis un concurso que busca incentivar a actividade fotográfica así como conseguir as mellores instantáneas e potencias así a súa difusión e coñecemento.


Os participantes quedan encadrados en dúas categorías: xuvenil ou menores de 16 anos e adultos, maiores desa idade. As fotos deberán seren inéditas e de temática libre. Poderán presentarse un máximo de 5 imaxes por participantes que deberán ser enviadas obrigatoriamente en dous formatos: dixital ou impresas que deberán remitirse ao Círculo Cultural Deportivo de Cesantes (Estrada de Cesantes Nº28 CP 36693 Cesantes -Redondela) mentres que as fotografías en formato dixital poderán enviarse por email ao correo do Obradoiro (obradoiro@estudoslocais.org).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: