www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Febreiro de 2012

A Radio

A Radio Municipal de Redondela nace no ano 2002 con vocación pluralista e comprometida coas xentes de Redondela e a comarca.


Como o medio de comunicación máis áxil, inmediato e económico RR tenta contribuír ao fortalecemento da conciencia cívica da xente, do seu espírito crítico e da condición de todos os cidadáns e cidadás, ofertando a todos os veciños, colectivos e movementos sociais, culturais e deportivos a posibilidade de acceder aos seu micrófonos.


RR achega contidos temáticos abordándoos dende o punto de vista e o interese local, e procuramos información interesantes esquecidas noutros medios de comunicación. Reflectimos a actualidade como é: plural, concedendo a voz a todas as opcións políticas e a todos os axentes e grupos sociais.




RR está pensada para todos os públicos e todas as idades. Elaboramos espazos que prestan atención a temas como o cine, as novas tecnoloxías, a ecoloxía, as viaxes, o deporte, a etnografía, a música. Recollemos ofertas para o tempo de lecer e convocatorias para todos e para todas.


RR é un altofalante, unha canle para as mensaxes e reivindicacións de colectivos locais de diverso tipo e intenta por o seu grao de area na procura da igualdade de xénero e da integración social, así como da necesaria promoción da lingua galega

Hoxe na Radio
00:00 - 18 Rodas
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Venres, 10 de Febreiro de 2012 - 21:00
A búrbida máxica
O 10 de febreiro arranca no Multiusos o II encontro máxico redondelán, un programa de actuacións que leva por nome “A búrbida máxica”. Os primeiros en subirse ao escenario serán os magos José, Noel e Eloy Crespo o vernes 10 ás 21:00 horas.
Sábado, 11 de Febreiro de 2012 - 18:00
Certame de bandas de música
A Asociación cultural e Social de Chapela organiza o XVII Festival de Bandas de Música, no que participarán a Banda de Cabral, a de Matama e a agrupación de Chapela. A cita é o sábado 11 de febreiro ás 18:00 no Multiusos do Piñeiral.
Venres, 17 de Febreiro de 2012 - 12:00
Concurso adxudicación en Vilar
O centro cultural de Vilar de Infesta abre o proceso de concurso para a adxudicación da cafetería do local social. As bases pódense consultar e recoller na propia cafetería en horario de tarde. O prazo de presentación remata o 17 de febreiro.
Venres, 17 de Febreiro de 2012 - 21:00
Maxia no Multiusos
Segunda sesión do programa "A búbida máxica" coas actuación do Mago óscar, de Xulio ML e o mago Eloy Máteos. Ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira o venres 17 de febreiro.
Venres, 24 de Febreiro de 2012 - 21:00
A búrbida máxica
Rematan as actuacións programadas no ciclo Búrbida máxica cos espectáculos a cargo de Alán Golias, o mago keko e a colaboración especial de Kiko Pastur. As actuacións serán no Multiusos da Xunqueira o venres 24 a partir das 21:00 horas.