www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 22 de Agosto de 2019


Sociedade • 21/08/2019

A multitudinaria festa que se celebra este sábado en Redondela pretende ser unha xornada de diversión "para todos, na que ningún sector da sociedade quede excluído", explica a alcaldesa Digna Rivas. Haberá un punto de información "Morado" e outro "Arco da Vella", espazos reservados para persoas con mobilidade reducida e intérpretes de Lingua de Signos.


Sucesos • 21/08/2019

A Garda Civil está a investigar un delito de maltratos a animais presuntamente cometido por un veciño de Redondela cometido en Fornelos de Montes. Segundo a denuncia, está acusado de disparar sobre unha gata doméstica cunha arma de caza e munición ilegal, nunha zona de vivendas.


Política • 21/08/2019

O grupo municipal do BNG denuncia a situación de "colapso absoluto" no centro de saúde de Arcade, na que os veciños "nin sequera poden ser atendidos das citas que tiñan concedidas para o día".Esta situación prodúcese ao non terse cuberto as baixas e vacacións dos facultativos, segundo denuncia o voceiro da formación, Manu Lourenzo.


Sociedade • 20/08/2019

Esta semana comezou a limpeza das marxes do río Alvedosa no seu tramo máis urbano. A actuación da concellería de Medio Ambiente nas marxes fluviais consistirá en facer un "mantemento" ao longo de todo o ano que sexa "respectuoso" coa flora e a fauna fluvial, polo que se evitan as limpezas "invasivas".


Política • 20/08/2019

A vertedura que o pasado día 9 de agosto obrigou a desaconsellar o baño na praia de Cesantes por unha bacteria fecal, podería deberse a algún fallo no saneamento da illa de San Simón. Así llo advertiu o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, á Xunta, tras inspeccionar o litoral do municipio.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2019 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia