www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Setembro de 2020


Cultura • 18/09/2020

Con cambios na programación, moitas sorpresas e adaptándose á situación sanitaria, a conmemoración deste fito histórico acontecido no litoral de Rande hai 318 anos, celebrará a súa sétima edición a fin de semana do 17 de outubro na explanada do Meirande. Unha semana antes, o dez de outubro, chegará o acto de alarma no casco urbano de Redondela. Haberá dobre representación, do grupo infantil e dos adultos, e non faltará a feira de artesanía, os fogos de artificio e algunha que outra sorpresa que darán a coñecer a próxima semana.


Sociedade • 18/09/2020

A menos dunha semana para que arranque o curso escolar en Educación secundaria e formación profesional, prevista para o vindeiro 23 de setembro, os centros enfróntanse a moitas dificultades. Son moitos os que están pendentes de que se lles asigne novo profesorado para facer fronte aos desdobramentos que houbo que realizar para poder manter a distancia entre o alumnado. Noutros casos o problema radica na falta de persoal para realizar uns traballos de limpeza que se incrementan notablemente respecto de anos anteriores. O director do IES Illa San Simón anuncia que a dirección en bloque presentará a súa dimisión se non logran un reforzo de persoal e ameazan con pechar aulas se non poden garantir a desinfección.


Institucional • 18/09/2020

O Multiúsos da Xunqueira acolle o vindeiro luns día 21 ás 19:00 horas un acto de conmemoración co gallo do Día Mundial do Alzheimer. A actividade, organizada polo Concello, incluirá a proxección da película "Vivir dos veces"de María Ripoll. O aforo é limitado polo que compre inscrición previa na oficina de turismo en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 19:00 horas. Tamén no enderezo turismo@redondela.gal.


Institucional • 18/09/2020

A Consellería do Mar ten previsto comezar nos vindeiros días a ampliación dun dos pantaláns pesqueiros do peirao de Arcade, en Soutomaior. Esta obra responde a unha demanda da confraría de pescadores da zona para facilitar o seu traballo diario e supón un investimento de preto de 36.000 euros.


Sociedade • 17/09/2020

O Colexio Outeiro das Penas de Cesantes activaba os protocolos sanitarios logo de coñecerse a existencia entre os seus alumnos de dous positivos en Covid, irmáns que cursan 2º de primaria e 4º de Infantil neste centro educativo. Uns protocolos que obrigaban a clausurar as dúas aulas nas que estaban estes rapaces. Tres días despois de que transcendese o primeiro dos contaxios xa se coñece a maior parte das probas realizadas ao resto do alumnado, todas elas negativas. Por precaución, os nenos pasarán a corentena nos seus domicilios. Dende a ANPA trasladan unha mensaxe de tranquilidade "porque se demostrou que os protocolos funcionan e que se aplicaron as medidas necesarias para detectar e reducir posibles contaxios".




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Luns, 21 de Setembro de 2020 - 12:00
Suvbencións: Igualdade
Os colectivos que organicen actividades de promoción da muller e a igualdade teñen de prazo para solicitar as axudas municipais ata o 21 de setembro. Máis información na páxina www.redondela.gal
Domingo, 27 de Setembro de 2020 - 12:00
Axudas comedor escolar
As persoas interesadas en solicitar as axudas de comedor escolar para nenos escolarizados en centros público do municipio teñen de prazo ara o 27 de setembro. Máis información na páxina web www.redondela.gal
Venres, 30 de Outubro de 2020 - 12:00
Axudas polo Covid
O Concello ten aberto ata o 30 de outubro o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás axudas sociais orientadas a familias que se viran afectadas polo COVID-19. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia