www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 26 de Setembro de 2017


Sociedade • 25/09/2017

Así o reflicten as enquisas lingüísticas nas escolas infantís de Redondela que indican que só un 29% das familias queren educar as súas crianzas en galego, fronte un 71% que opta polo castelán. Especialmente preocupante é o caso da escola da Marisma, no casco urbano, onde só o 15% das familias escolleron a lingua galega. Os datos desagregados apuntan un mellor dato nas escolas de Ventosela e San Pedro en Cesantes, nas que hai empate entre as dúas linguas.


Política • 25/09/2017

As obras que se están a realizar nun treito da Avenida de Vigo en Chapela, con ampliación de beirarrúas e renovación de diferentes servizos atópanse, ao entender do BNG, cun importante obstáculo "tanto na súa concepción como na propia execución: a eliminación do tráfico pesado". Consideran que calquera plan de humanización da zona "debe levar aparellada a supresión dos camións que diariamente circulan por un treito urbano densaente poboado".


Cultura • 25/09/2017

A Asociación deportiva e cultural de Rande convoca a todos os interesados en participar nesta celebración que terá lugar o 21 de outubro a se inscribir nos diferentes obradoiros nos que se elaborará o material e vestiario que servirá para facer o evento conmemorativo. As persoas que queiran inscribirse poden facelo no local da Asociación no Meirande.


Deporte • 25/09/2017

Na división de honra prata femininia vitoria para a SAR Rodavigo por 33-18 ante la Cistérniga e derrota do Chapela que caía 23-27 ante o Gijón. Tamén desiguais resultados na primeira nacional masculina con derrota para a SAR Plastic Omnium ante o Rasoeiro por 33-34 e vitoria para o Chapela na súa visita ao campo do Teucro por 23-30.


Deporte • 25/09/2017

Os redondeláns conseguiron un tanto na casa logo de empatar co Alondras a un, o que lles dá un respiro neste inicio de liga. Un punto que deixa ao Choco quinto pola cola. A próxima semana visitan o campo do Noia, último da categoría. O filial do Choco vencía en Tomiño por un a tres e tamén vitoria para o Chapela fóra da casa.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2017 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Venres, 29 de Setembro de 2017 - 09:40
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o mércores 26 en horario de mañá de 9:45 a 14.00 e pola tarde de 15.45 a 21.00 horas
Venres, 29 de Setembro de 2017 - 18:30
Contacontos en Chapela
A biblioteca de Chapela acolle o espectáculo "Filipa cos contos" a cargo de Bandullo Azul. O venres 29 de setembro, ás 18:30 horas orientado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Entrada libre, ata completar aforo.
Sábado, 30 de Setembro de 2017 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 28 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 30 de Setembro de 2017 - 12:00
6 de la madrugada
Exposición colectiva na que se recollen imaxes fotográficas cun nexo común: o feito de estaren tomadas en horario nocturno. A mostra pode visitarse ata o 30 de setembro na sala II do Multiúsos.
Sábado, 30 de Setembro de 2017 - 12:00
Asociación Alterarte
Exposición colectiva dun grupo de artistas que amosan as súas obras de pintura e escultura. Na sala I do Multiúsos ata o 30 de setembro.
Sábado, 30 de Setembro de 2017 - 16:00
Festival de bandas infantís
O Auditorio do Piñeiral do Crego acolle o sábado 30 ás catro da tarde un festival de bandas infantís organizado pola Asociación Cultural e social de Chapela. Entrada de balde.
Sábado, 30 de Setembro de 2017 - 20:00
Gala V premios Andaina
A Asociación Andaina orgnaiza o sábado 30 no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00h este acto no que proxectarán a película Ni dos ni cuatro e se escoitará a música de Caramuxo Vermello. A presentación correrá a cargo de Cristina Maró.
Domingo, 1 de Outubro de 2017 - 17:00
As aventuras de Pinocho
As aventuras de Pinocho regresan a Redondela e fano cun espectáculo da compañía Educateatro. Actuación enmarcada dentro do ciclo do Outonoteatro da concellería de Cultura o domingo 1 en dous pases, ás 17:00 e 19:00h no Múltiúsos. Entrada 7€/3€
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz