www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 22 de Agosto de 2019


Cultura • 22/08/2019

Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz xunto ao guitarrista Guillermo Fernández son "De Vacas", o grupo galego que triunfa nos escenarios e nas redes coas súas transformacións de éxitos como "A modiño", "Rexurdimento", ou "De noite e de día". Mañá venres estarán en Redondela e prometen un concerto animado, divertido e fresco.


Política • 22/08/2019

O parlamentario autonómico do PP critica ao concelleiro de Medio Ambiente "por culpar a outras administracións da súa falta de capacidade de xestión". Pazos Couñago responde así ás declaracións de Roberto Villar, que apuntaba á illa de San Simón "como posible orixe da contaminación en Cesantes" que obrigou a desaconsellar o baño na praia os pasados días 9 e 10 de agosto.


Institucional • 22/08/2019

O goberno local xustifica o atraso no comezo dos traballos este ano, por terse visto na obriga de convocar unha nova Mesa de Contratación logo da renuncia das empresas que tiñan que realizar os traballos. Rivas avanzou que a intención do seu goberno é que as rozas e limpeza de viais municipais se fagan dúas veces ao ano, en lugar dunha única actuación "para que os camiños estean en mellores condicións".


Sociedade • 21/08/2019

A multitudinaria festa que se celebra este sábado en Redondela pretende ser unha xornada de diversión "para todos, na que ningún sector da sociedade quede excluído", explica a alcaldesa Digna Rivas. Haberá un punto de información "Morado" e outro "Arco da Vella", espazos reservados para persoas con mobilidade reducida e intérpretes de Lingua de Signos.


Sucesos • 21/08/2019

A Garda Civil está a investigar un delito de maltratos a animais presuntamente cometido por un veciño de Redondela cometido en Fornelos de Montes. Segundo a denuncia, está acusado de disparar sobre unha gata doméstica cunha arma de caza e munición ilegal, nunha zona de vivendas.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2019 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia