www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018


Sociedade • 25/06/2018

Xa están no mercado as primeiras botellas do viño coa nova Identificación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo. Entre as adegas que contan con este selo está a redondelá A Reboraina. O seu responsable, Enrique Fernández-Perán, confía en que esta denominación de orixe anime máis produtores a sumarse á asociación e poñer en marcha novos proxectos.


Sociedade • 25/06/2018

Unhas xornadas dirixidas aos hostaleiros de Redondela abordan as condutas adictivas. A Casa da Cultura acolle este mércores, día 27, ás 20.00 horas, unha xornada dedicada ao sector da hostalaría. A actividade, titulada "Ti decides a quen serves", estará dirixida pola psicóloga especialista en prevención de condutas adictivas, Noa Pereiro López.


Institucional • 25/06/2018

Desde hoxe, día 25 de xuño, as Bibliotecas Municipais de Redondela adoptan o horario estival. A Biblioteca Valle-Inclán, no Multiúsos da Xunqueira, funciona en horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres. A sala infantil, de 10:30 a 13:30 h., e a sala de estudo de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:45 h. de luns a venres. O sábado e domingo de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h. A Biblioteca Municipal de Chapela abre de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h., e no mes de agosto permanecerá pechada. Este horario estará vixente ata o 16 de setembro.


Sociedade • 22/06/2018

Unha ducia de colectivos veciñais e culturais prenderán as súas cacharelas na noite do sábado, e outras arderán en fincas particulares. O Concello organiza un ano máis a festa de San Xoán en Arealonga, cunha fogueira e música.


Cultura • 22/06/2018

Redondela acolleu onte a presentación do Diario Galego, unha aposta editorial de Sermos Galiza que sairá á rúa en xaneiro de 2019. Un proxecto "ilusionante" segundo os seus promotores, que ofrecerá unha óptica propia da actualidade de xeito "veraz, obxectivo e independente", que só se vai deber "aos seus lectores". Para facelo realidade precisan 3.000 subscritores.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2018 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Venres, 29 de Xuño de 2018 - 17:00
Festval Fin de Curso
A Escola de Música de Chapela celebra o seu festival de fin de curso no auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego.
Venres, 29 de Xuño de 2018 - 18:00
Venres cativos
Selección de contos populares de animais que nos mostrará as características que definen cada animal a través da lingua, contos, adiviñas, xogos e cancións. Organiza SNL dentro do Programa Apego.
Sábado, 30 de Xuño de 2018 - 22:00
Espectáculo de malabares
A compañía Pistacatro Produtora de Soños pon en escea "Un belo día". Na Praza da Casa da Torre, con entrada de balde, dentro da programación da Concellaría de Cultura.
Hoxe na Radio
00:00 - 18 Rodas
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia