www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Outubro de 2017


Sociedade • 19/10/2017

Veciños de ambos os dous colectivos acompañados de representantes políticos demandaban cunha concentración na zona das Torres de Padín a conversión en tramo urbano deste tramo da autoestrada e reclamaron unha vez máis a supresión da peaxe dende Redondela para aliviar o tráfico pola parroquia de Chapela e o barrio de Teis.


Cultura • 19/10/2017

A palabra e a poesía definen a música dunha intérprete que con tan só 12 anos se subiu por primeira vez a un escenario, precisamente en Redondela. Mañá repetirá experiencia para presentar o seu primeiro traballo discográfico "El camino de los sueños" un disco gravado baixo a dirección musical do pianista Gabriel Peso. A actuación será as 21:00 horas e as entradas, que se poden retirar xa na xoiería Esther Docampo, Viaxe Loa, Peluquería Sandra e Superbarros, teñen un prezo de 5€ en venda anticipada, 6 euros na billeteira.


Cultura • 19/10/2017

A sala infantil da Biblioteca de Redondela acolle este venres ás 18:30 horas o espectáculo "Rebeca Atencia de misión no Congo", un contacontos da compañía Polo Correo do Vento orientado a público infantil a partir dos catro anos. Unha actividade enmarcada dentro das celebracións das bibliotecas co gallo da do Día das Bibliotecas que se conmemora o vindeiro martes e que se completará con outro contacontos o venres 27 en Chapela coa "Romaría: contos e lendas da nosa terra" de Raquel Queizás.


Política • 19/10/2017

Explican que se contratou a renovación da web municipal en decembro do ano pasado por un importe de 7.737,95€ e que malia o portal xa estaría deseñado falta dótalo de contidos para que poida substituír ao anterior. Responsabilizan do atraso ao goberno local que mantén un páxina pouco operativa e con contidos desactualizados.


Cultura • 19/10/2017

A Deputación impulsa a campaña "Visitas Singulares Rías Baixas: Cemiterios Históricos" que busca "difundir o enorme valor cultural que teñen estes espazos". Co obxectivo de dar a coñecer estes cemiterios como punto de atracción turística dende o organismo provincial van levar a cabo unha acción promocional de divulgación de seis cemiterios singulares da provincia entre os que se atopan Santa Mariña de Dozo (Cambados), o Cemiterio dos Ingleses (Vilagarcía de Arousa), o de San Mauro (Pontevedra), Pereiró (Vigo), Arcos de Furcos (Cuntis) e Os Eidos en Redondela.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2017 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 12:00
Concurso cantina de Negros
O Centro Cultural de Negros saca a concurso a súa cantina. Os interesados deben entregar nun sobre pechado a cantidade que están dispostos a achegar ao mes mínimo 200€. O prazo para participar remata o venres 20 ás 22:00h. Información 675634700.
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 16:00
Doazón en Pazos
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de Galicia desprázase o venres día 20 ao Concello de Pazos de Borbén onde poderán facer as súas doazóns todos os que o desexen en horario de tarde, de 16:00 a 21:00 horas ao carón do Colexio Público
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 18:30
Contacontos na biblioteca
“Rebeca Atencia de misión no Congo” con Polo Correo do Vento. O venres 20 ás 18:30 contacontos ilustrado dedicado a Rebeca Atencia, veterinaria ferrolá e colaboradora de Jane Goodall. Para nenos a partir de 4 anos Entrada libre e de balde
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 20:00
Recital poético multilingüe
Dentro da programación da VI edición do taller Con Barqueira e Remador, a Casa da Cultura celebra o venres 20 ás 20:00h un recital multilingüe onde se escoitarán os textos orixinais de cada un dos convidados e a súa tradución ao galego.
Sábado, 21 de Outubro de 2017 - 20:00
ButacaZero no Outonoteatro
O ciclo do Outonoteatro da Concellería de Cultura achega este sábado 21:00 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a obra Na butaca da compañía ButazaZero. Entradas 7€ público en xeral 3€ reducida.
Domingo, 22 de Outubro de 2017 - 20:00
Monólogo con Javier Veiga
O ciclo de monólogos Humor na súa tinta achega a Redondela o espectáculo de Javier Veiga. o Domingo 22 ás 20:00 hroas no Multiúsos no Multiúsos da Xunqueira. Entradas 10€ na billeteira e no Café da Vila.
Mércores, 25 de Outubro de 2017 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Redondela para recoller doazóns. Diante do Concello o mércores 25, xoves 26 e venres 29 en horario de tarde 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 27 de Outubro de 2017 - 18:30
Raquel Queizás en Chapela
A biblitoeca de Chapela acolle o venres 27 ás 18:30 horas o contacontos “Romaría: contos e lendas da nosa terra” con Raquel Queizás. Para nenos a partir de 3 anos. Entrada libre e de balde
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia