www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 17 de Xaneiro de 2019


Cultura • 16/01/2019

A Concelleira de Cultura asegura que, malia a dimisión de Fernando Carreira Cuchi quen fora o director do festival de curtametraxes dende o seu inicio hai 14 anos, dende o Concello vanse buscar fórmulas para manter esta cita. O obxectivo é que neste ano se celebre a súa XV edición aínda que si recoñece que vai ser difícil que se manteña nas datas habituais ante a complexidade de organizar o evento en menos de catro meses.


Sociedade • 16/01/2019

As clases impartiranse en horario de mañá nos pavillóns de Redondela e Chapela con grupos dun máximo de vinte persoas. Os interesados deberán inscribirse entre o 15 e o 31 deste mes na oficinas de Servizos Sociais.


Sociedade • 16/01/2019

Ademais dos centos de premios directos que se entregaron durante toda a campaña de Nadal, todos os boletos que non obtiveron premio directo tiveron a oportunidade de ser os gañadores deste vale de compra de 1.000€ para consumir no comercio local. O boleto da gañadora foi selado na tenda de calzado Hipercalzados Raúl.


Deporte • 16/01/2019

A SAR Rodavigo suma dúas vitorias nos dous partidos disputados desde que comezou a segunda volta na División de Honra Prata Feminina. Logo dun importante triunfo en Xixón agardan repetir esta fin de semana en Redondela ante o Magope Seis do Nadal.


Cultura • 15/01/2019

Todo apunta a que o festival Redondela en curto caerá da programación cultural. Logo de 14 anos organizando este certame de cine en pequeno formato, o seu director Fernando Carreira "Cuchi" anuncia que abandona, xunto ao equipo que o acompañou nas últimas edicións, a organización do evento. Explica que esta decisión responde ao cansazo propio da organización dun festival que supón meses de traballo ao que habería que engadir que "é moi difícil loitar contra as administracións" en referencia á "pouca implicación dos seus responsables á hora de resolver cuestións que están nas súas mans".




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mar 2018 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Próximos Eventos...
Xoves, 17 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüística organiza o día 17 na Casa da Cultura ás 19:30 unha charla sobre Castelao a cargo do ensaista Miguel Anxo Seixas, cuxa tese de doutoramento afonda na biografía do rianxeiro.
Venres, 18 de Xaneiro de 2019 - 20:00
Xornada sobre a prostitución
O colectivo Paxaretas organiza unha charla coloquio coa participación da activista Amelia Tiganus e a proxección do documental La Mujer invisible dirixido por Noemi Chantada. O venres 18 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Vargas Blues Band
Concerto da Vargas Blues Band o día 19 ás 20:30 horas no Multiúsos A Xunqueira. A entradas teñen un prezo de 8/10 euros e poden adquirirse xa no propio Multiúsos.
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Teatro en Chapela
A comedia o fontaneiro e a miña muller do grupo Xunca de Parderrubias chega ao Multiúsos do Piñeiral do Crego o sábado 19 ás 20:30 horas da man do ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural e o Concello. Entrada de balde
Domingo, 20 de Xaneiro de 2019 - 18:00
Paco Nogueiras
O músico Paco Nogueiras é o encargado de inaugurar o I Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. A actuación será o domingo 20 ás 18:00 horas no Multiúsos co seu espectáculo Brinca Vai 2.0. Entrada 3 euros.
Xoves, 24 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüísitca organiza o 24 de xaneiro ás 19:30, unha charla en torno a Castelao a cargo de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.
Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 - 20:30
O enfermo imaxinario
O grupo Atlántida de Matamá adapta a obra de Molière: o enfermo imaxinario. Terceira proposta no Ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural de Chapela en colaboración co COncello. O sábado 26 ás 20:30 no Piñeiral do Crego.
Domingo, 27 de Xaneiro de 2019 - 18:00
A sala de Catapumchimpum
Teatro infantil de monicreques coa compañía Titiribaile. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia